Manuel Lourenzo González
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1955 (69 anos) Paredes, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, profesor de ensino secundario |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
- Este artigo trata sobre o narrador galego de Vilaboa Manuel Lourenzo González, para o actor e autor teatral Manuel Lourenzo Pérez, de Ferreira do Valadouro, véxase Manuel Lourenzo.
Manuel Lourenzo González, nado en Paredes (Vilaboa) o 3 de marzo de 1955, é un profesor e escritor galego.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Pedagoxía na USC, foi profesor de EXB e despois de secundaria de Lingua e Literatura Galegas, catedrático desde o 2009, no IES Torrente Ballester de Pontevedra ata a súa xubilación. Autor polifacético, ten publicados libros de relatos, novelas, teatro, ademais de obras de literatura infantil e libros de texto.[3]
É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter[1], entre eles a revista Retranca.
Participou en numerosas empresas de carácter cultural, dirixiu a A.C. Maio Longo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coordinou a Semana da Educación ou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]- Arqueofaxia (1995). Xerais. 279 páxs. ISBN 84-7507-958-X.
- O xardín das pedras flotantes (2008). Xerais. 528 páxs. ISBN 9788497829083. ePub: ISBN 978-84-9914-423-8.
- Atl (2012). Xerais. 536 páxs. ISBN 978-84-9914-381-1.[5] ePub: ISBN 978-84-9914-641-6.
Relatos
[editar | editar a fonte]- Algúns outros (1991). Ed. do Cumio. ISBN 978-8487126390.
- Da esfinxe (1992). Baía Edicións. 184 páxs. ISBN 978-8487674600.
- As paisaxes compartidas (1996). Laiovento. 142 páxs. ISBN 978-84-87847-77-3.
- Noites de papel (1996). Xerais. 212 páxs. ISBN 978-8483020852.
- Infidelicidades (2001). Ed. Positivas, Narrativas Quentes. 180 páxs. ISBN 978-84-87783-75-9.
- Cegoñas no fondo da ría (2015). Urco. 266 páxs. ISBN 978-8415699460. É unha colección de 25 “atopocronías”, sucesos nos que se cruzan os sendeiros das realidades posíbeis e que conforman un corpus mítico-histórico-marabilloso dunha (outra) cidade de Pontevedra.
Literatura xuvenil
[editar | editar a fonte]- No outono das fragas (1992). Planeta & Oxford. 104 páxs. ISBN 9788498111057.
- Tanis I o Mocos (1998). Xerais, Merlín. 144 páxs. Ilustracións de Santy Gutiérrez. ISBN 978-84-8302-618-2 (10 ed.).
- O que é a vida (2001). Xerais, Fóra de Xogo. 192 páxs. ISBN 978-84-8302-633-5 (3ª ed.).
- Estanislao, príncipe de Sofrovia (2002). Xerais. 160 páxs. Ilustracións de Santy Gutiérrez. ISBN 978-84-9782-500-9 (4ª ed.).
- Irmán do vento (2003). Xerais, Fóra de Xogo. 208 páxs. ISBN 978-84-9782-055-4 (15ª ed). ePub: ISBN 978-84-9914-546-4. Foi traducida ao inglés.[6]
- Ela atopa un nome (2005). Editorial Luis Vives (Edelvives). 184 páxs. ISBN 978-8426356598. Foi traducida ao castelán.[7]
- Unha pantasma no colexio (2006). Rodeira. 168 páxs. ISBN 978-8483490228. Foi traducida ao castelán.[8]
- O día despois do día (2007). S.M. Col. O Barco de Vapor. 128 páxs. ISBN 978-8498541410. Foi traducida ao castelán.[9]
- Mundo Arb (2012). S.M. Col. O Barco de Vapor. 208 páxs. ISBN 978-8498542745. Foi traducida ao castelán.[10]
- Flor de area (2013). Xerais, Fóra de Xogo. 304 páxs. ISBN 978-84-9914-493-1. ePub: ISBN 978-84-9914-542-6.
- Ceiba de luz, 2017. 344 páxs. ISBN 978-84-9121-276-8. ePub: ISBN 978-84-9121-270-6.
Literatura infantil
[editar | editar a fonte]- Animais de compañía (1998). Kalandraka. 40 páxs. ISBN 978-8484643296. Traducida ao castelán en Kalandraka (2017).
- A leiteira (1999). Con F.L. Juárez. Kalandraka. ISBN 978-8495123572.
- O patadón (2001). Xerais, Merliño. 32 páxs. Ilustracións de Andrés Meixide. ISBN 978-84-8302-687-8 (2ª ed.).
- Piñeco (2004). Everest Galicia. Ilustracións de Manuel Uhía. 48 páxs. ISBN 9788440305237.
Teatro
[editar | editar a fonte]- Auto do Entroido (1995). AS-PG. ISBN 84-920453-5-3. Texto na BVG
- A música da noite (2001). Ediciós do Castro, 119 páxs. ISBN 9788484850151.
Libros de didáctica
[editar | editar a fonte]- Lingua galega e Literatura 3. A descrición (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1995, 126 páx. ISBN 9788475079202
- Lingua galega e Literatura 3. A narración (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 135 páx. ISBN 9788475079660
- O diálogo. Lingua galega e Literatura 4 (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 136 páx. ISBN 9788483020357
- Lingua galega e Literatura 4. A exposición e a argumentación (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1998, 150 páx. ISBN 9788483023037
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991) (1992). Ediciós do Castro.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais.
- Novo do trinque (1997). BNG.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008) Xerais.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia.
- Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica (2015). Urco Editora/Contos Estraños.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1990: Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo por O xardín onde repousa o vento.
- 1990: O Facho por A galiña, o lagarto e o burro.
- 1994: Premio Carvalho Calero por As paisaxes compartidas.
- 1995: O Facho por Auto do Entroido.
- 1995: Premio García Barros por Arqueofaxia.
- 1997: Premio Café Dublín por Noites de papel.
- 2001: Premio Estornela por A música de noite.
- 2002: Premio Narrativas Quentes por Infidelicidades.
- 2003: Premio Merlín por Irmán do Vento.
- 2003: Premio Frei Marín Sarmiento por Irmán do Vento.
- 2008: Premio Xerais de Novela por O xardín das pedras flotantes.
- 2011: Premio Blanco Amor de novela por Alt.
- 2011: Premio O Barco de Vapor por Mundo Arb.[11]
- 2017: Premio Jules Verne por Ceiba de luz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-25.
- ↑ "Manuel Lourenzo González – Urco Editora". Consultado o 2020-07-26.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-07-25.
- ↑ "Manuel Lourenzo González". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-07-26.[Ligazón morta]
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-26.
- ↑ "Brother of the Wind". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-05.
- ↑ "Ella encuentra un nombre". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05.
- ↑ "Unha pantasma no colexio". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-11-05.
- ↑ "El día después del día". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05.
- ↑ "Mundo Arb". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05.
- ↑ "Fallados los Premios de Literatura O Barco de Vapor, en gallego, y Baporea, en euskera". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 16 de marzo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog Batume, sobre O Xardín das pedras flotantes.
- Entrevista do alumnado de Literatura Galega do século XX do IES Manuel García Barros. Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Gañadores do Premio Xerais
- Premio Carvalho Calero
- Gañadores do Premio Blanco Amor
- Premio Jules Verne
- Gañadores do Premio Merlín
- Nados en Vilaboa
- Nados en 1955
- Profesores de educación secundaria
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Escritores de literatura erótica
- Gañadores do Premio García Barros